scream

13.12.16

lúa

a noite pecha e a brétema,
adornando esta velada,
nunha noite de lúa case chea.
[cautivadora de miradas]

o rumor lonxano dun regueiro
que murmura verbas doutro tempo,
que arrola no berce
a un cativo que xa non o é.

a luz, o son.. e un cheiro da lareira,
debuxando entre a néboa,
unha noite de friaxe [que arrepia]
nesta noite que aparenta case día.

sabor húmido a cogomelo
e agarimos do nordés,
no manto vexetal
que abriga os extractos da vida.
_ d'escribindo

24.4.16

cousas da primavera

raiolas que quecen polo día,
pero a noite estremece.

miradas que adoitan ser profundas
tanto que xa non se diferencia a realidade.

_ d'escribindo

7.4.16

desvelos

un velo que non deixa ver,
un velo que se destapa
unha e outra vez.

a media luz só se precie unha silueta
pero... quén precisa máis?

a seducción percíbese na distancia
así é que nos imos xuntando.

ves?

_ d'escribindo

29.3.16

veo veo.. o no?

no mires
[pues no lo ves]

el ojo que atrapa un destello,
creyendo que es luz
y, sólo es un reflejo.

el ojo cerrado,
cegado por exceso
[perversión]

si la luz ilumina y el reflejo deslumbra,
entonces..
el reflejo miente;
y, la luz asiente.

son los días de ceguera los que crean confusión.
[mirar y no ver]
y es en el resurgir de la emoción,
entre la decepción y la pasión,
quien nutre el crecer.

y crezco.


_ d'scribiendo

ese vacío que tanto pesa..

..que nunca dejé de imaginar como llenar,
pero cada vez es más difícil alentar.

pienso en la multitud y me pregunto:
[muchos lo tienen] cómo lo sienten?
porque no todos sentimos igual.

a veces me culpo de ser yo mismo,
porque entonces, ese fue mi capricho.
un día quise saber qué era la tristeza:
me acerqué y ella me dio cobijo.

fue un frío abrazo que enmarcó mi vacío.
y empecé a sentir esa ausencia.
te inunda por dentro dándote la vuelta,
sacando tu interior hacia afuera.

transeúntes que solo ven un escaparate
vacío de sentidos y sentimientos caducos.
se percibe la no-ilusión, la desilusión;
y es que las desilusiones no dan impulso.

frente a un mar de cristal, bañado de destellos,
de un sol que no da calor; que no enciende
nada más que una ilusión, que no entiende.


_ d'scribiendo

19.3.16

sueños..

que vienen al dormir,
y luego el alba se los lleva.

hay veces que no vienen,
no porque no quiera, no;
no porque no duerma, no;
simplemente no vienen.

otras se deforman, tanto..
que se vuelven amargos.
dónde estás, Morpheus?
el abrazo de la oscuridad respira tan cerca..
y no! no quiero su abrazo.
sólo quiero tu dosis.

han sido largas noches de penumbra,
han sido...
no quiero dormir en la rutina de la ausencia,
no quiero dejar de soñar..
quiero soñar con lo que ansío
quiero alcanzar lo que sueño.

a veces pienso que te olvidas de venir
a veces pienso que me has dejado atrás en tu camino.
a veces..
solo a veces creo caer en un sueño tan profundo que no recuerdo nada.
y es que,
a veces, es mejor caer en el olvido.

_ d'escribiendo

5.2.16

apariencia

parece pero non o é.
e é que descoñece a esencia.

esencia vive ben agochada.
sempre está onde non se ve,
sempre, sempre que non o é.

miro e só atopo apariencia.
non entendo como, pero
esencia convértese en ausencia.

cada vez o proceso faise máis complexo,
cada vez é máis difícil atopar a orixe.
a confusión medra máis e máis,
e cada vez,
entendo que entendo menos.

e é que, canta máis consciencia,
máis incertidume;
quizais é a conciencia
quen só ve apariencia,

e é que, canta máis inconsciencia,
máis certidume:
quizais é a subconciencia
quen procura a esencia.

[do fluir das ideas no curso natural do proceso: o meandro]

_ d'escribindo

12.1.16

cousas do inverno

danzan en parella,
vento e choiva.
bágoas salpicadas,
reflexo sombrío; o frío.

a escuridade é a materialidade da noite;
e ese asubío do ar,
a vaporosidade das lembranzas que,
dende lonxe,
non deixan de amosar.

un día crin medrar.
un día decateime que era mentira;
mais, algo do camiño recadei.
pero non me acabo de acostumar, inverno.

iluso con ilusións
(eran moitas)
non puiden con elas e extraviáronse.

ao principio foi brusco,
logo realidade
máis tarde soidade [só]

pasou sen chamar e entrou;
o inverno (quen se non)
pasou de lonxe, tamén,
o vento (quen asubiou)

un día crin..
crin que o estío ía ficar.
pero non, non o vin,
e voltou inverno.

_ d'escribindo

8.1.16

misterioso sentir

prendes os distintos sentidos,
tes a capacidade innata de torturar..
..e logo fuxes.

e é que, acariciarche é doado;
non o é tanto, sentir ben ou sentirse mellor.
non o é tanto relaxarse
[e máis difícil cobixarche]

ás veces ficar ó teu carón tan só é restar,
outras, un xeito de deixar de contar.
porque.. no fondo,
tes parte de escuridade
[escuridade inundante]

na distancia, móvese algo,
con cada paso;
e é tan distante, que non chega.
e é tan distante, coma ti cando non fas caso.

outras veces, moito máis preto,
es algo que impulsa con forza;
e é que, diante do precipicio é dificil saltar;
un xeito [éste] de consumir o tempo,
só, diante do abismo da realidade.

sentir [ti]
a túa existencia amosa un percorrido:
_o teu;
_o meu;
_o percorrido

misterio [que se esgota]

_ d'escribindo

6.1.16

a perspectiva das sensacións

dreams_hope_magic_

''People are walking, leaving behind
Someone who wants them to stay
Everyone's talking out of their minds
See that their gone

Afraid that their coming to stay''